» banda deseñada »  autores
rivas.jpgRivas Villa, Víctor José
Vigo  1965   
Enderezo electrónico: victorrivas@victorrivas.com



Víctor Rivas
Debuxante
Deseñador da serie "Harry Pórrez" na revista infantil-xuvenil "Mister K" con guións de Bernardo Vergara, realizou un volume total de 188 páxinas de banda deseñada, as cen últimas con cor de Carmen Recreo. Debuxante de BD e deseñador gráfico, tamén traballa profesionalmente nos campos da animación, ilustración e multimedia. Contribuiu xa en 1991 ao I Certame Ourense de BD (III Xornadas de BD de Ourense). Comezara no cómic a finais dos oitenta cunha banda deseñada diaria para o Atlántico Diario, guionizada por Carlos Portela, e traballando para Edicións Xerais. Con Portela recuncaría creando ambos o personaxe Guinsy, que publicou "El País de las Tentaciones". Ambos autores, en equipo con Fernando Iglesias, fixeron nos primeiros noventa o manga "Kami Seeds" para Camaleón Ediciones. Rivas fixo o deseño a lapis para Mónica (de Mónica & Bea) no primeiro "Sara Soft" e outras colaboracións esporádicas antes de realizar con guións de Kike Benlloch a serie "Xen", composta de dez entregas na revista "Golfiño" (segunda etapa) de La Voz de Galicia. Influenciado por autores como Yves Chaland ou Mike Mignola, Víctor Rivas destaca tamén polo seu traballo de dirección de arte e deseño flash en aventuras gráficas multimedia ("O misterio das sete pezas", etc) nas que tamén fixo tándem con Benlloch.

Blogspot
Flickr
publicacións
Álbum
Le Petit Chaperon Rouge en Transylvanie
Debuxante,
Álbum
Caperucita Roja
Debuxante,
Álbum
Carapuchiña Vermella
Debuxante,
Álbum
Harry Pórrez y el as en la manga de Condemort
Debuxante,
Revista ou comic-book
Galimatías
Debuxante, Portadista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.2
Debuxante,
Catálogos e manuais
Salón do Cómic de Cangas: Dez Anos de Viñetas
Ilustrador,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Debuxante,
Revista ou comic-book
Caña
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
A prueba de balas
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Barsowia
Portadista, Debuxante,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante,
Fanzine
Alopecia mental
Portadista, Deseño gráfico, Debuxante,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Demo Editorial presenta tres novos títulos en Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 11 / 8 / 2022
Inicia a colección infantil Demo Pequeno co álbum Os escachapedras
17 libros en galego seleccionados no novo catálogo da Oepli
Publicado o 6 / 7 / 2021
Concha Blanco, María Reimóndez ou Alberte Momán entre os autores destacados
Altar Mutante e A Viñeta de Schrödinger presentan novos números
Publicado o 17 / 6 / 2020
A Deputación de Pontevedra convoca un certame de BD para a mocidade
A rede galega achega #culturanacasa para as crianzas
Publicado o 18 / 3 / 2020
O Salón do Libro virtual ou Aulas galegas achegan contidos para o confinamento da cativada
O Salón do Libro de Pontevedra bota a andar a súa edición dedicada ao humor
Publicado o 5 / 3 / 2020
O encontro desenvólvese ata o vindeiro 28 de marzo
Máis de 60 obras son finalistas dos Premios Gala do Libro Galego
Publicado o 14 / 3 / 2019
Escritores, editoriais e librarías organizan estes galardóns á excelencia editorial
O libro 'Poemar o mar' de Antonio García Teijeiro entre os gañadores dos premios Fundación Cuatrogatos
Publicado o 29 / 1 / 2019
Ledicia Costas e outros autores galegos están na lista internacional entre finalistas e recomendados

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org